Thursday 25 de April de 2024

Carmen López Lorenzo, veciña de Tatín (Gandarío), celebrou recentemente o seu cen aniversario


Carmen López Lorenzo, veciña de Tatín (Gandarío), celebrou recentemente o seu cen aniversario.

Para conmemorar tan sinalada efeméride a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, desprazouse ata o seu domicilio para facerlle entrega dun ramo de flores.

López, quen sempre residiu en Tatín, desenvolveu toda a súa vida labores no campo, sinalando que esta é a clave para chegar aos cen anos nun fantástico estado de saúde.